Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Centro de Interpretación da arte rupestre


Mapas
 - Roteiro Río Maneses   - Roteiro do Centro de Interpretación.(673 Kb)

"Catro parques para catro provincias. "

Centro de InterpretaciónE cada unha será representativa dunha
manifestación cultural concreta. - As culturas rupestres en Campo Lameiro - A megalítica en Terras de Soneira (A Coruña), - A época romana en Lugo - A castrexa no concello de San Amaro (Ourense). Son os parques que conforman a Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, un gran proxecto da Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo. Ademais da construcción dos catro parques arqueolóxicos, puntos de referencia para cada época cultural, situados en zonas arqueolóxicas declaradas como Ben de Interese Cultural, pódense asociar á rede outros depósitos arqueolóxicos que deberán cumprir unha serie de condicións para seren mostrados ó público como son a dotación de servicios mínimos de acollida e exposición, así como garantirse a conservación e mantemento deles. Este proxecto pretende dar resposta á cada vez maior demanda por parte do público de coñecemento e acceso ó patrimonio arqueolóxico. Isto supón a creación dunha estructura que sirva para vertebrar todas as iniciativas, públicas ou privadas, no ámbito da posta en valor do patrimonio arqueolóxico na Comunidade Autónoma, garantíndose, ademais, a continuidade das accións de difusión, conservación e investigación.

Emplazamento do Parque Temático - Paredes

EntradaO CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERÁ PRETO DE 5.000 METROS CADRADOS

-Contará con salas de proxección, exposicións, biblioteca, fondos e cafetería.

O Atapuerca Galego converterase en destino de miles de visitantes tanto turistas coma expertos en arqueoloxia e estudiosos da arte rupestre.

 As súas pezas constitúen un importante referente, e para o seu estudio o Parque contará cun Centro de Interpretación e documentación de preto de 5.000 metros cadrados. O espacio destinado ó Centro de Interpretación contará cunha zona de espera e recepción exterior dotada con marquesiñas, cunha superficie de 250 metros cadrados.

As primeiras dependencias serán o Punto de Información, a cafetería, tenda de recordos e aseos, sobre 300 metros. A zona de exposicións contará con salas de proxeccións, salas de usos múltiples, zonas de exposición permanente, de exposicións temporais e dúas salas polivalentes. Máis de 1.100 metros destinaranse a estes espacios. Unha área de administración contará con despacho da dirección, ademáis doutros habitáculos para despachos administrativos, arquivo, reprografía, aseos e salas de xuntas, todo concentrado en 100 metros cadrados. Un almacén para o mantemento das instalacións terá 400 metros cadrados. Na área de Documentación disporanse dúas zonas: - A primeira cunha superficie de 430 metros cadrados adicarase a documentación e investigación, e contará cun despacho, sala de traballo,arquivo, almacén de material, sala de consulta externa, laboratorio, almacén e aseo. - A segunda destinarase a unha biblioteca de 200 metros cadrados. - Un aparcamento de 1.500 metros cuadrados é a antesala do Centro de Interpretación e Documentación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. No proxecto resérvanse 430 metros cuadrados en previsión de ampliación destas instalacións. O Centro de Interpretación da Arte Rupestre ten entre outros obxectivos, a ampliación expositiva dun ámbito territorial no que se atopan varios e importantes conxuntos de gravados e que coa recuperación paisaxíxtica deste ámbito permite, non só unha maior comprensión destes elementos no seu entorno natural, senón tamén garabtir-la súa protecciónen e conservación. Esta faceta divulgativa e de disfrute do patrimonio, compleméntanse coa creación dun Centro de Investigación e Documentación da Arte Rupestre, que permita disoñer da infraestructura necesaria para a súa catalogación, estudio e a anélise de propostas para a sús conservación, como apoio na xestión patrimonial e dos labores de investigación. O Parque Arqueolóxiso da Arte Rupestre cumprirá con varios obxectivos como son a protección e conservación dunha manifestación cultural extraordinariamente fraxil; promove-la disfusión dos valores patrimoniais; desenrola centros de investigación científica e técnica; contribúe ó desenvolvemento local e a ordenación do territorio e fomenta o desenvolvemento sostible das zonas na que se intervirá para a execución do proxecto.

 

EntradaCAMPO LAMEIRO CONTARÁ CO PRIMEIRO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE GALICIA

Parque TemáticoO Concello ten os compromisos da Xunta e o Ministerio de Cultura. Para executa-lo proxecto Foron necesarios máis de cinco anos de negociacións coas Comunidades de Montes de Praderrei e Paredes, coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura para que, finalmente, o proxecto de creación do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro poida converterse nunha realidade. Dada a entidade do proxecto, o Pleno de Campo Lameiro, co apoio de tódolos seus grupos municipais (PP, BNG e PSde G-PSOE), conseguiu desbloquear definitivamente o proxecto do Parque Arqueolóxico de Galicia dándolle o impulso definitivo coa aprobación dunha moción na que se instaba, tanto ós veciños de Paredes como á Xunta de Galicia, a acadar un acordo para a cesión dos terreos durante 75 anos para a creación deste Parque e, no caso de que os veciños non accederan ó acordo, instábase á Xunta para aplica-la lexislación vixente co obxectivo da creación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre máis importante de Galicia.

A Xunta xa declarou de interese supramunicipal o Proxecto Sectorial do Arqueolóxico de Campo Lameiro, decisión que pasou a exposición pública. Determínase así mesmo, a prevalencia do proxecto do Parque Arqueolóxico sobre os montes veciñais en man común afectados polo Parque.

O seguinte paso é a elaboración do estudio de impacto medioambiental do proxecto e a súa exposición pública para coñecemento dos afectados.

Acto seguido será o Ministerio de Cultura o que entre na escena para acomete-las obras, cun investimento que supera os 500 millóns de pesetas.

Pero para expoñer máis detidamente cales son as características do proxecto pasemos a analizar o ámbito de actuación, o obxectivo do proxecto e as actuacións que se acometerán.

O Parque Arqueolóxico estará situado no monte "Paradela" entre os lugares de Paredes e Praderrei ocupando unha superficie de 218.720 metros cadrados e localízase na parte central da Zona Arqueolóxica de Paredes-Praderrei englobando medio cento de rochas con gravados.

A propiedade dos terreos afectados polo Parque ten carácter dual de modo que o 7% corresponde a dez particulares, o 39% á Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Praderrei e, a maior parte dos terreos, o 54% están dentro da Mancomunidade de Montes de Paredes.

A memoria xustificativa do proxecto elaborado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo reflicte o interese da creación do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre en Campo Lameiro pola concentración de manifestacións de petroglifos. O Parque de Campo Lameiro pretende ser o xerme de actuacións futuras cara a protección e conservación da arte rupestre en toda a Comunidade Autónoma, de aí a súa incidencia supramunicipal.

A creación dun Centro de Interpretación da Arte Rupestre xunto a recuperación paisaxística do ámbito do Parque permitirá garanti-la protección e conservación destas pezas arqueolóxicas. A faceta divulgativa do patrimonio complétase cun Centro de Investigación e Documentación da Arte Rupestre, que permita dispoñer da infraestructura necesaria para a súa catalogación, estudio e análise de propostas para a súa conservación como apoio na xestión patrimonial e dos labores de investigación. O Parque Arqueolóxico extenderase ás concentracións de petroglifos nas zonas limítrofes localizadas nas inmediacións do río Lérez a través de itinerarios e rutas que parten do Parque de Campo Lameiro.

A protección dos gravados que se localizan no parque recóllese tanto na normativa do patrimonio cultural coma urbanística.

Un decreto de 20 de decembro de 1974 declara monumentos histórico-artísticos de carácter nacional un conxunto de gravados rupestres entre os que se atopan varios petroglifos situados nesta zona como Laxe da Forneiriña, Laxe da Ponte de Pena Furada, Outeiro de Cogoludo, Outeiro das Ventaniñas e Outeiro Furado. O 25 de xuño de 1985 a Lei do Patrimonio Histórico español declara as manifestacións de arte rupestre como Bens de Interese Cultural, o 16 de abril do presente ano en virtude dunha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia incóase o expediente para declara-la zona do Parque Arqueolóxico Ben de Interese Cultural á área de gravados rupestres de Paredes-Praderrei.

O Parque do Concello de Campo Lameiro constituirá un dos centros de cabeceira e de referencia da futura Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico, converténdose no único centro de Arte Rupestre da Comunidade Autónoma de Galicia destas características.