Servizos Sociais - Programa concilia

 

 

 

 

Programa concilia verán 2017

logos_concilia

 

 

logos_concilia

Ver fotos Programa Concilia VERÁN 2017

 

 

É un  Programa  de lecer e tempo libre que ten como  obxectivo  propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do verán, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral das nenas e nenos a través dunha programación  que combina   o  xogo  con   actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha  pedagoxía do lecer baseada  na  educación en igualdade e hábitos saudables.

 

A quen vai dirixido:

 

O Programa vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 13 anos do concello de Campo Lameiro.

 

Modalidade de inscricións:

 

Por quincena, podendo inscribirse  cada neno/a nunha ou varias quincenas ao longo do verán

 

Número de prazas:

 

  • 30 prazas por quincena  no mes de xullo
  • 30 prazas por quincena no mes de agosto.

 

Calendario

 

Lugar de realización

Duración

Días e horario

CEIP Pedro Antonio Cerviño

 Meses de xullo e agosto

De luns a venres de 9.00 a 14.00

 

Obxectivos

 

Os obxectivos deste proxecto están deseñados tendo en conta a idade e os diferentes niveis de maduración das nenas e nenos participantes.

 

  • - Proporcionar ás familias un servizo de  apoio  que favoreza a conciliación persoal, familiar e profesional.
  • - Adquirir  a través do xogo valores e  hábitos para a convivencia en grupo  (tolerancia, respecto mutuo).
  • - Educar na  práctica da coeducación e evitar as discriminacións e desigualdades sexistas.
  • - Favorecer a acción responsable dos nenos/as  nas actividades e o respecto aos compañeiros/as.
  • - Formar en hábitos básicos para a saúde e o  benestar.
  • - Posibilitar que o nenos/as gocen da actividade lúdica con outros/as  compañeiros/as nun ambiente axeitado.
  • - Valorar o xogo como recurso para aproveitar o tempo libre.
  • - Aprender novos xogos e  deportes e practicar os que  xa coñecemos.
  • - Liberar tensións, divertirse e relaxarse.
  • - Potenciar a utilización e control do propio corpo en diferentes situacións lúdicas e deportivas.
  • - Descubrir mediante xogos as regras básicas dos deportes de equipo.
  • - Favorecer a necesidade de movemento do neno/a, respectando as súas propias habilidades  e adaptando as actividades aos diferentes grupos de idade.
  • - Desenvolver diferentes propostas lúdico-educativas  para a estimulación sensorial.
  • - Aprender a relacionarse cos demais  e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como  a resolución pacífica de conflitos.
  • - Apoiar e favorecer, a través do xogo,  a integración de nenos con dificultades de relación e comunicación.
  • - Desenvolver  e estimular a empatía e o compañeirismo  nos nenos/as.
  • - Sensibilizarse co bo gusto e o sentir estético.
  • - Introducir aos nenos e nenas  no manexo de  diferentes técnicas plásticas e materiais  a través dos obradoiros e as actividades temáticas.
  • - Desenvolver  a atención e o gusto polos  sons, melodías e cancións.
  • - Favorecer a espontaneidade e a creatividade no movemento expresivo.
  • - Utilizar o xesto corporal, a voz o espazo e o tempo para expresar e comunicar ideas  sentimentos e vivencias.
  • - Aprender a  observar, respectar e gozar da natureza.
  • - Desenvolver hábitos e  actitudes que impliquen o coñecemento e o coidado do entorno.
  • - Educar para o consumo responsable  aprendendo  manter limpos os espazos, a separación selectiva do lixo, reutilización de xoguetes e materiais para diferentes usos ou a  fabricación dos  propios xogos e xoguete.
  • - Descubrir mediante experiencias lúdicas o funcionamento das cousas
  • - Achegarnos de forma lúdica a nosa historia e patrimonio.   


 

 

subir