Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Emprego

Axencia de Desenvolvemento Local

R/ Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1 Teléfono: 986 75 20 34 Fax: 986 75 20 84 E-mail: tecnicoempleo@campolameiro.com

Emprego Cursos e actividades 2010>>> Ver todos
 
 

Emprego Bolsa de emprego
Funcionamento
>>> Descargar
Inscrición>>> Descargar


CIMOOfertas de emprego CIMO (PDF) >>> Descargar

Resumen semanal CIMO
(PDF) >>> Descargar

Ofertas de Emprego Concello >>> Descargar

Ofertas de Emprego CEP >>> Descargar

Ofertas de Emprego Público >>> Descargar

Ofertas do Servicio Público de Emprego >>> Descargar

Ofertas INEM Pontevedra >>> Descargar

Ofertas Privada Sanxenxo >>> Descargar

Ofertas Oficina de Empleo de Cambados >>> Descargar

Ofertas Prensa  >>> Descargar

 

 

 


EntradaAxencia de Empreo e Desenvolvemento Local

Obxectivo.

A Axencia de Emprego y Desenvolvemento Local situada no Centro Socio Cultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro conta cun Técnico de Emprego que ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación da actividade empresarial.

A axencia de desenvovemento local é unha iniciativa pública municipal creada co obxectivo de facilita-lo desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego.

O obxectivo xeral da Axencia de Desenvolvemento Local é fomentar a actividade económica e social no concello, ca finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.

O seu ámbito de actuación é municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal, un instrumento máis de xestión.

Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Os beneficiarios inmediatos da axencia son os novos emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial.

Subir


EntradaActividades e Servicios

1. Promoción económica e fomento do emprego
  • Creación de empresas

    -Promoción de emprego autónomo
    -Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
    -Axudas a mulleres empredendoras
    -Apoio a creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
    -Iniciativas locais de emprego
    -Iniciativas de emprego rural.
    -Inciativas de emprego de base tecnolóxica.
     
  • Incentivos a contratación por conta allea
     
  • Financiación e inversión empresarial.
     
  • Axudas para persoas con discapacidade.
     
  • Comercio local.
     
  • Agricultura e gandería.
     
  • Vivenda.

2. Programas e iniciativas europeas

  • Leader +

3. Orientación laboral.

4. Promoción da formación.

  • Detección de necesidades formativas.
     
  • Programación e execución de cursos e seminarios:

-Seminarios dirixidos a emprendedores

-Cursos de formación continua dirixidos a traballadores en activo

-Seminarios e xornadas para empresarios

Para unha maior información sobre os programas e tramitación das solicitudes, podense dirixir á Axente de Desenvolvemento Local deste Concello: Centro Socio Cultural Sobrino Buhigas

Axencia de Desenvolvemento Local

C/ Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1

Teléfono: 986 75 20 34

Fax: 986 75 20 84

E-mail: tecnicoempleo@campolameiro.com

Subir

 

EntradaCursos e actividades 2010

 

------------------------------------------------------------------------------

NORMATIVA
REFORMA DA LEI DE ORDENACION DO COMERCIO RETALLISTA
COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL 2010
IRPF e IVE. Estimación obxectiva. Ano 2010.

AEDL


[Máis información] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA PARA ENXEÑEIRO/A TÉCNICO AGRÍCOLA OU FORESTAL, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO

AEDL

CONVOCA:
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

BENEFICIARIOS/
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
2. Estar en posesión do título de Enxeñeiro/a Técnico Agrícola ou Forestal ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
 4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.


[Máis información] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS ANO-2010

AEDL

CONVOCA:
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

BENEFICIARIOS/
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.


[Máis información] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2010

CONVOCA:
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

BENEFICIARIOS/
Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos:
• 2.1.—Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante).
• 2.2.—Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.
• 2.3.—A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
• 2.4.—Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
• 2.5.—Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.


[Máis información] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

PRÁCTICA LABORAL – PROxECTO AQUELANDO

AEDL

CONVOCA:
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

BENEFICIARIOS/
personas demandantes de emprego da provincia de Pontevedra con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (entre outras, persons con discapacidade física, psíquica ou sensorial; persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico; persoas en proceso de rehabilitación oo reinserción social tales como extoxicómanos/as, exreclusos/as, etc.; persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade; inmigrantes; emigrantes retornados/as; despedidos de longa duración) que queiran capacitarse e insertarse laboralmente en servizos de atención a persoas.


[Máis información] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMA DE FORMACIÓN CONTINUA NO AGRO GALEGO 2010
AEDL


[Máis información] Ampliar
[Ver catálogo cursos] Ampliar
[Ver anexo I] Ampliar
[Ver anexo II] Ampliar

 

------------------------------------------------------------------------------

Subvencións, axudas, bolsas e premios no ámbito do emprego e formación
AEDL

Resumo das axudas, subvencións, bolsas e premios no ámbito do emprego e da formación, actualizadas a 19 de xaneiro de 2010

Os datos publicados teñen exclusivamente carácter informativo. É conveniente que consultes as bases na publicación oficial correspondente a aquelas convocatorias concretas que sexan do teu interese, co obxecto de evitar posibles erros que poidan producirse de transcrición e/ou cómputo de prazos.


[Ver boletín] Ampliar
 

------------------------------------------------------------------------------

PROBAS DE ACCESO OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL
AEDL

INSCRICIÓN
Grao medio

Prazo: O período de inscrición abranguerá desde o día 1 ao 12 de marzo, e as probas realizaranse o 4 de xuño.

Grao superior
Prazo:
Os aspirantes a estas probas deberán presentar a solicitude de inscrición desde o día 18 de xaneiro ao 29 de xaneiro, e as probas realizaranse o día 27 de marzo.

[Máis información] Ampliar
[Ver web xunta] Ampliar
 

------------------------------------------------------------------------------

cursos 2010
AEDL
 

[Ver Todos] Ampliar
 

------------------------------------------------------------------------------

AXUDAS XANEIRO MEDIO RURAL
AEDL
 

[Ver Todas] Ampliar
 

------------------------------------------------------------------------------

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS 2009
CONCELLO

Solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto dende o 5 de outubro de 2009 ata o día 30 de outubro de 2010 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade e que ascende a 4.000.000 €.

[Máis información] Ampliar
 

------------------------------------------------------------------------------

Convocatoria de axudas do Programa LEADER 2007-2013 Pontevedra-Morrazo
AEDL

Onde dirixirse e con que prazos?
ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE PONTEVEDRA-O MORRAZO
Rúa Santa Clara, 4 – 2º (sede provisional) 36002 - Pontevedra
Telf: 986 10 81 44/Fax: 986 10 80 09
e.correo: gdr19@mundo-r.com 
TÉCNICOS LOCAIS DE EMPREGO do seu concello

O prazo de admisión de solicitudes será do 24 de agosto de 2009 ó 1 de setembro de 2013, sometida ás anualidades que correspondan a cada medida

[Máis información] Ampliar

-----------------------------------------------------------------------------

AXUDAS PARA CREAR UNHA EMPRESA Nova
AEDL

¿TES A IDEA DE CREAR A TÚA PROPIA EMPRESA e convertirte en EMPRESARIO/A?

Existen AXUDAS OU PROGRAMAS DE APOIO A EMPRENDEDORES:

[Máis información] Ampliar

INFORMACIÓN : AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO.
Tel: 986 752 034

Subir
O Alcalde Responde

Emprego

 
Rutas Petroglifos
Centro de interpretación
Galería Fotográfica
 

Fotografías xente

Emigracion

Festa do Augardente