Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O AUDITORIO SOBRINO BUHIGAS ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO 2 DE MARZO, DE 10 A 14 HORAS E DE 16 A 20 HORAS, UN CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS

O Concello de Campo Lameiro acollerá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o vindeiro SÁBADO 3 DE MARZO de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e […]

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO CELEBRARÁ O DESFILE E CONCURSO DE ENTROIDO DESTE ANO O SÁBADO 24 DE FEBREIRO

O Concello de Campo Lameiro celebrará o desfile e concurso de Entroido o sábado 24 de febreiro a partir das 17 horas. Participarán como comparsas convidadas Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), Os da Caña (Marín), As Sonecas (Campelo-Poio), Luces (Tomiño), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro-Pontevedra), Os 100tolos (Campelo-Poio) e Os Miúdos (Arcade-Soutomaior). […]

comercio3
BANNER-25N
servizos-sociais
Campo Lameiro Club Deportivo

UN LONGO CAMIÑO CARA Á IGUALDADE… A EXPERIENCIA VITAL DAS MULLERES DE CAMPO LAMEIRO

O Concello de Campo Lameiro edita un vídeo con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no que se traza un percorrido vital a través da experiencia persoal das súas protagonistas, veciñas do municipio, pertencentes a varias xeracións que percorreron un longo camiño cara á igualdade…
Este documental fue realizado por un equipo técnico coordinado por Manuel Tato Silva (70 Mandarinas Comunicación) e con guion de Cruz Dafonte (Consultoría Social).
Protagonizan este vídeo a forza vital de Amanda Durán, Irene González, Irene Garía, Alba Miguéns, Raquel Ferrón, Flora Fentanes, Paz Vidal, Elena Taboada, Alicia Fernández e Lucía Senra.
Grazas a tod@s por facer posible un Campo Lameiro mellor.

NON TE ESQUEZAS DE QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NO PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO

O IMSERSO convoca o Programa de Termalismo, consiste en aloxamento e manutención completa en habitacións dobres de uso compartido, durante 12 días (11 noites) ou de 10 días (9 noites) cada un . Inclúe: Tratamentos termais básicos, Actividades de ocio e tempo libre ofertados gratuitamente polo balneario é Póliza colectiva de seguro turístico . PODEN […]

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ACENDERÁ AS LUCES E INAUGURARÁ A ALDEA DE NADAL O VINDEIRO DÍA 15 DE DECEMBRO A PARTIR DAS 20 HORAS

Como vén sendo habitual, o Concello de Campo Lameiro acenderá oficialmente o venres 15 de decembro o alumeado de Nadal e inaugurará a Aldea de Nadal ás 20 horas. Ademais o Concello ten programada toda unha serie de actividades para que poidas disfrutar coa familia e amigos dun Nadal moi especial. Podes consultar o programa […]

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ACORDA A MODIFICACIÓN DE CRÉDITO CON CARGO AO REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURERÍA

Acordo do Pleno de data 01-12-2023 da entidade de Campo Lameiro polo que se aproba inicialmente o expediente de modificación de créditos n. 0 3/2023 do Orzamento en vigor, na modalidade de suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería. O Pleno desta entidade, en sesión extraordinaria celebrada o día 01-12-2023, acordou […]

O INEGA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN PARA A PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E POSTA DE MARCHA DUN PROCESO DE CONTRATACIÓN CENTRALIZADA NOS CONCELLOS DE CAMPO LAMEIRO, MORAÑA E PORTAS

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concedeu unha subvención dun total de 9.614,78 euros para a planificación e posta en marcha dun proceso de contratación centralizada nos concellos de Campo Lameiro, Moraña e Portas. No caso concreto de Campo Lameiro a axuda acadou os 2.011,50 euros; Portas recibiu 2.876,25 euros e Moraña, 4.727,03 euros. MÁIS […]

COMEZAN EN CAMPO LAMEIRO OS NOVOS OBRADOIROS DE PREVECIÓN DAS CONDUTAS ADICTIVAS NO ÁMBITO ESCOLAR

Un ano máis, inicianse en Campo Lameiro os obradoiros de prevención das condutas adictivas do ámbito escolar. Estos obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas adictivas no que participa Campo Lameiro dende o ano 2019 con outros concellos da contorna, Cuntis, Barro, Moraña e Portas, a través dun Convenio de colaboración entre os […]

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PROGRAMA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS PARA OS DÍAS 15 E 16 DE NOVEMBRO NA RÚA NOVA

Tractores e vehículos agrícolas de Campo Lameiro e municipios limítrofes poderán ser examinados na Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas instalada durante todo o día do MÉRCORES 15 de NOVEMBRO (de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas) e XOVES 16 de NOVEMBRO (de 9 a 13:30 horas) na Rúa […]

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ORGANIZA PARA O VINDEIRO SÁBADO 4 DE NOVEMBRO O “I TRAIL DO CERVO”

O Concello de Campo Lameiro, en colaboración coa Asociación Eido do Cervo, organiza para o vindeiro sábado 4 de novembro o “I Trail do Cervo en Campo Lameiro” que foi presentado esta mañá polo alcalde, Carlos Costa, as concelleiras Delia Carramal e Natalia Maquieira e David Domínguez, secretario da Asociación Eido do Cervo. Trátase dunha […]

O CONCELLO EDITA UN BANDO INFORMATIVO SOBRE O PROGRAMA DE BALNEARIOS POSTO EN MARCHA POLA XUNTA

O Concello de Campo Lameiro acaba de editar un Bando asinado polo alcalde, Carlos Costa, informando sobre as condicións que rixen o Programa de Balnearios posto en marcha pola Xunta de Galicia para este ano. 📌 PROGRAMA BALNEARIOS 🗓️PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES 👉 Do 19 de setembro ó 18 de outubro de 2023. ➡️Concesión de estadías […]

O ALCALDE DE CAMPO LAMEIRO PUBLICA UN BANDO SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA NO MUNICIPIO

Como consecuencia da Resolución de data 12/08/2023 adoptada pola XUNTA DE GALICIA mediante a que resolveu activar o escenario de prealerta ou escaseza moderada na unidade territorial nº3 – Río Lérez e Ría de Pontevedra, este Concello publica o presente bando co obxecto de promover un consumo responsable de auga por parte de tódolos veciños […]

CAMPO LAMEIRO NO TEU OLLAR

Este vídeo recolle as 80 fotografías participantes no concurso CAMPO LAMEIRO NO TEU OLLAR organizado polo Concello de Campo Lameiro para recoller unha mirada distinta do confinamento desde cada unha das nosas casas. Agradecemos a colaboración de todos e todas e felicitamos aos gañadores: Fernando Álvarez García, Belén Búa Seijo e Mercedes Valiño Touriño (máis votada polo público).

Back to top