Para chegar a Fentáns e segui-la visita, é necesario que regrese a Praderrei (neste lugar hai un Castro) e tome a estrada en dirección a San Isidro ( á esquerda) a uns dous kilómetros, atopará a aldea.
Despois de pasa-las últimas casas hacia o punto kilométrico 20,770 atoparase que na marxe iesquerda desemboca unha pista forestal a uns 110 m, que hai que andar por ela, comenza a zona dos grabados.Si dispón de tempo, párese antes, no kilómetro 20 e achéguese á beira esquerda da estrada e verá o Río Lérez a 200 m por debaixo dos seus pes.
Enfrente ten a famosa “Carballeira de San Xusto”. A ladeira de Fentáns pertence ó Concello de Cotobade, pero sendo paso obrigado para a visita do itinerario seguinte do noso municipio (Parada - San Isidro) deixemos eiquí constancia da súa existencia, ó tempo que o invito a visita- los grabados que se atopan nas zonas denominadas:
“Laxe das Ferraduras”, “Coto do Rapadoiro”, “Chan do Rapadoiro”, “Outeiro da Besta”, “Portela das Rozas Vellas”, “Laxe dos Cebros”, “Coto da Braña”, “Outeiro Morcego”, “Coto dos Porros”, “Tras a Rasa” y “Quenlla do Lixo”. Excepto as dúas últimas, as outras están moi próximas entre sí.
Pola súa importancia arqueolóxica e perfección destacamos: “Laxe das Ferraduras”, “Coto do Rapadoiro” “Laxe dos Cebros”.
Laxe das Ferraduras. |