|
Mapas
- Roteiro Río Maneses - Roteiro do Centro
de Interpretación.(673 Kb)
Campo lameiro é unha excelente alternativa para todos
aqueles que buscan algo máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre.
Ruta do rio Maneses.
Descrición:
O percorrido, de
aproximadamente 2,8 Km., comeza na área de descanso do río e
discorre e todo momento pola súa beira, para rematar o
comezo da ruta do Centro de Interpretación (posibilidade de
unir as dúas rutas).
Atoparase con numerosas
zona encharcadas e lugares de paso polo río.
A dificultade da ruta é
media-baixa, estando claramente sinalizadas con paneis
indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras,
muros e no chan).
O percorrido é de
carácter lineal. Polo que haberá que ter en conta a viaxe de
volta.
Recoméndase realizar este
itinerario soamente en primaveira-verán e levar roupa
axeitada para a auga. Aconséllase facelo andando.
Interés da vía:
Paisaxístico.
Información relevante:
Campo Lameiro é unha
excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo
máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre...
Este concello pontevedrés
alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado
contemplando os grabados rupestres e os castros; así como un
amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns
días apacibles, cheos de bos momentos que os farán
inolvidables.
Aparte da Impresionante
colección de Grabados Rupestres, á que lle reservamos un
apartado especial, Campo Lameiro conta con multitude de
igrexas e hermidas no seu rico patrimonio histórico.
Como mostra románica
destacamos as igrexas de San Miguel del Campo e Santa Mariña
de Fragas.
Perfil:

Cota Máxima: 130 m.
Cota mínima: 70 m.
Ruta do Centro de
Interpretación dos Petroglifos
Descrición:
O Percorrido, de
aproximadamente 2,1 Km., comeza no final da ruta do río
Maneses, para rematar cerca do centro de Interpretación de
Petroglifos (posibilidade de unir as dúa rutas).
A dificultade da ruta é
media-baixa, cunha pendente ascendente pronunciada durante
todo o camiño. Está claramente sinalizada con paneis
indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras,
muros e no chan).
O percorrido é de
carácter lineal. Polo que haberá que ter en conta a viaxe de
volta.
Recoméndase realizar este
itinerario en primaveira-verán
Interés da vía:
Paisaxístico-Histórico-Cultural
Información relevante:
O CENTRO DE
INTERPRETACIÓN TERÁ PRETO DE 5.000 METROS CADRADOS
- Contará con
salas de proxección, esposicións, biblioteca, fondos e
cafetería.
O Atapuerca Galego
converterase en destino de miles de visitantes tanto
turistas coma expertos en arqueoloxía e estudiosos na arte
rupestre.
As súas pezas constitúen
un importante referente, e para o seu estudio o Parque
contará cun Centro de Interpretación e Documentación de
preto de 5.000 metros cuadrados. O espacio destinado ó
Centro de Interpretación contará cunha zona de espera e
recepción exterior dotada con marquesiñas, cunha superficie
de 250 metros cadrados.
Perfil:

Cota Máxima: 255 m.
Cota mínima:130 m.
|