Servizos Sociais

 

 

 

 

Servicios Sociais de Atención Primaria

 

Praza da Provincia de Pontevedra, nº 1

36110 - Campo Lameiro
Teléfono: 986 75 20 34 Fax: 986 75 20 84
E-mail: servizossociais@campolameiro.com

 

 

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Campo Lameiro traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos do municipio.


As iniciativas desenroladas inciden especialmente nos ciudadanos que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.


A atención primaria é a máis cercana aos cidadáns para achegar respostas ás demandas e necesidades das persoas.


Dende a Concellería de Asuntos Sociais do Concello anímase a todos os veciños a participar nas diferentes actividades, ofrecendo diferentes alternativas tanto de ocio como formativas para persoas de todas as idades.

 

 

Programas


Programa de conciliación familiar:

É un  Programa  de lecer e tempo libre que ten como  obxectivo  propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do verán, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral das nenas e nenos a través dunha programación  que combina   o  xogo  con   actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha  pedagoxía do lecer baseada  na  educación en igualdade e hábitos saudables.

 

Programa de axuda no fogar e apoio a la unidade convivencial:

Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e na súa contorna social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se atopen en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotiás.


Aloxamento alternativo

Conxunto de actuacións que se realizan para acadar que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar,....


Programa de prevención e inserción social

Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellorar o bienestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á orixe de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenrolando actuacións concretas para evitar a súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.


Servizo de Asesoramento e Apoio integral á muller (SAIM)

Programa de atención especializada dirixido á muller, oferta servizo de atención xurídica, psicolóxica e social.


Programa de desarrollo comunitario

Realización de diversas actividades a toda a poboación: excursiones culturais, actividades especiais no Nadal, ludoteca, etc...


Reparto de alimentos de Cruz Vermella Española

Nos meses de abril e outubro lévase a cabo o reparto de alimentos de Cruz Vermella Española, procedentes dos excedentes da Comunidade Europea, que se reparten entre aquelas persoase/ou familias máis necesitadas do municipio.


Programa de información, orientación e asesoramento

Facilitar ao veciño e a comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso a os recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garantice unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,....

 

Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:


Pensións non contributivas:

DNI e NIF de todos os conviventes
Cartilla da seguridade social do solicitante
Nº de conta bancaria
Declaracións do I.R.P.F. de todos os conviventes, ou xustificantes de ingresos.

 

Título de familia numerosa:

DNI dos pais
Libro de familia
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e25 anos, certificado de estudos ou copia da matrícula.

 

Renovación do título de familia numerosa:

DNI dos pais
Libro de familia
Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e25 anos, certificado de estudos ou copia da matrícula.

 

Axudas á escolarización:

DNI do solicitante.
Libro de familia.
Declaración do I.R.P.F. do último exercicio, ou xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar.
Certificación bancaria.
Factura detallada dos libros mercados.

 

Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores:

DNI do solicitante
Orzamento desagregado do gasto a realizar
Certificación de convivencia
Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.

 

Recoñecemento da condición de minusvalidez:

DNI
Documento de asistencia sanitaria
Informes médicos actualizados.

 

Termalismo social:

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.

 

Turismo social:

DNI.
Documento de asistencia sanitaria.
Informe médico.
Certificación da pensión que percibe.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.

 

Vacacións para Maiores:

DNI .
Documento de asistencia sanitaria.

 

Inclusión como beneficiario en asistencia sanitaria:

DNI do titular e dos beneficiarios a incluir
Libro de familia ou documentos que xustifiquen o parentesco.
Documento de asistencia sanitaria do titular.
Certificación de convivencia.

 

Asistencia sanitaria a persoas sin recursos:

DNI
Solicitud de Nº de afiliación á seguridade social
Fotocopia da cartilla da Seguridade Social, no caso de tela con anterioridade.
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
Certificación de empadroamento e convivencia
Libro de familia, no seu caso.

 

Teleasistencia domiciliaria:

DNI.
Cartilla da Seguridade Social.


Abono social de Telefónica:

DNI.
Certificación da pensión.
Certificación de convivencia.
Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.

 

Servicio de axuda no fogar:

DNI
Libro de familia, no seu caso.
Cartilla da Seguridad Social.
Informes médicos
Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
Certificación de pensións
Certificación do rendemento do capital mobiliario.
Xustificantes de outros ingresos.

 

Acollemento familiar para maiores e discapacitados:

DNI
Cartilla da Seguridad Social
Nº de conta bancaria
Informe médico do acollido e dos acolledores
Calificación de minusvalidez.
Xustificantes de ingresos

 

Renta de integración social de Galicia (RISGA):

DNI
Libro de familia.
Calificación de minusvalidez, no seu caso.
Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana
Xustificación, no caso de ser titular de outros bens ou dereitos.
Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda

 

 

 

subir